sábado, 14 de mayo de 2011

TODA A INFORMACIÓN SOBRE A PROBA

PRESENTACIÓN

Preséntovos unha proba para os amantes da natureza. Terá lugar o 27 de agosto de 2011 coincidindo co patrón da nosa aldea, San Bartolomeu.
A súa beleza foi o que me tentou para organizala, ademais das miñas raíces nese mundo rural.
Nun medio natural, coido que inigualable, poderedes vivir unha xornada de deporte, de observación da paisaxe, de construcións típicas, etc.
Poderedes elixir entre dúas modalidades: a andaina ou a carreira. Námbalas dúas non haberá clasificacións nin trofeos xa que é unha proba NON COMPETITIVA, ABERTAMENTE POPULAR na que cada un tentará de superarse asímesmo nun percorrido de baixa montaña, de dificultade media no que tan só, dos 17.5 km. de carreira ou 16.3 km da andaina que a compoñen , aproximadamente 3 km son de pistas asfaltadas, os quilómetros restantes transcorren por sendeiros e camiños de monte. A saída e chegada será na antiga escola, no lugar da Torre .
A organización NON SE FARÁ RESPONSABLE de calquera dano físico ou moral que traia a participación nesta proba, iso si, axundarémosvos en todo momento.
Ao final da proba teredes cadanseu recordo e cadansúa bolsa de picnic.
Tódalas condicións da proba véñenvos de seguido.
Tamén vos pediría un pequeño favor:
Se vides, gustaríame escoitar a vosa opinión e mellorar. Se non vides por calquera circunstancia, gustaríame saber da vosa opinión sobre a idea

Un saúdo e agardo vervos.



O Organizador

Manuel Bouza


REGULAMENTO

1.- Inscrición:
A participación será GRATUÍTA. Mandarase, preferentemente, a ficha de inscrición debidamente cuberta á dirección de correo electrónico andainasanbartolome@hotmail.com como data tope o 23 de agosto. No seu decfecto, mandarase un documento Word cos datos que aparecen na ficha.
Asemade, de maneira presencial, poderase facer na tenda DÉCIMAS ( C.C. Alcampo-Ferrol)
Confirmarase a inscrición ao través dun correo electrónico persoal xunto co número do dorsal.
O prazo de inscrición abranguerá desde o 14 de xuño ata o 23 de agosto.

NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS TELEFÓNICAS

Máximo de participantes : 150 entre as dúas disciplinas por orde estrita de inscrición.
Só maiores de 18 anos.
Os menores terán que participar con algún adulto, sendo este o seu responsable.
2.- Horarios:
Será preciso recoller o dorsal ata media hora antes de cada proba.
Andaina.- 10 horas
Carreira.- 11 horas
Pecharase o control da proba ás 14.30 horas.
Haberá un punto de control de paso que será respectado polos participantes.

3.- Abandonos:
Aquelas persoas que decidan abandonar, dirixiranse, obrigatoriamente, aos ciclistas que controlan a carreira ou avisarán nos puntos de control para que desde o punto base se tente levalos á liña de saída/meta.
Tamén se poderá abandonar nos lugares indicados no traxecto coas letras A (km 4.8) , B ( km 6.8) ou C (km 8.2). Desde estes puntos iremos directamente á liña de saída
4.- Avituallamento:
Haberá un punto de avituallamento líquido e de froita. Alí estará posto o control de paso.
5.- Recomendacións:
Aconséllase levar teléfono móbil e unha mochila pequena con líquidos, alimentos…
Unha gorra, protección para o sol e calzado cómodo e usado.
Disporedes dun número de teléfono para solicitar axuda durante o percorrido.

6.- Unha vez que se chega á meta, despois de pasar polo control de chegada, cada participante terá unha bolsa de picnic e un recordo da proba.
PRÉGASE:
Non tirar lixo no recorrido da marcha. Haberá bolsas de lixo nos postos de control.
RESPETADE O MEDIO
Nota.- Cada participante acepta voluntariamente o presente regulamento, librando á organización de calquera dano físico ou moral que se puidera producir e de calquera responsabilidade civil ou penal.


I I ROTEIRO DE SAN BARTOLOMEU

Nome……………………………………………………………………..
Apelidos………………………………………………………………….
Enderezo…………………………………..Poboación………………….
Data de nacemento………………………..
Teléfono………………………mail……………………………………..

Andaina.- Carreira.-
Poñer unha cruz diante da opción elixida para participar

Menor ao meu cargo Nome……………………………………………………………………… Apelidos……………………………………………………………………
Data de nacemento…………………………………….
Declaro estar na condición física axeitada para completar a proba, librando de calquera responsabilidade civil ou penal á organización

Como chegar ?

1.- Desde o concello de As Pontes.
Dirección A Capela.. Nas Neves, en restaurante Toñita, xiramos á esquerda cara á central hidroeléctrica. Unha vez alí, subiremos unha pista de montaña con bo asfaltado pero ollo coas curvas! Chegaremos a San Bartolomeu.

2.- Desde Ferrolterra. ( O traxecto máis recomendable)
Chegar ata Pontedeume

3.- Desde autoestrada AP-9, A-6
Ata Pontedeume. Aquí tomamos dirección Monfero. A uns 12 km. ( Ponte da Pedra) un cruce no que seguimos dirección Monfero. A uns 200 m. xiro á esquerda ( casa de pedra no cruzamento). A partires de aquí, seguiremos indicadores verdes a San Bartolomé. ( Aproximadamnete 6 km.)


4.- Pola N- 651
Dirección Pontedeume. 3 km. antes ( aserradeiro á beira da estrada) en Campolongo, xiramos á dereita dirección Mofero. A uns 10 km. Atopámonos na Ponte da Pedra. Seguimos dirección Monfero. A uns 200 m. xiro á esquerda ( casa de pedra no cruzamento). A partires de aquí, seguiremos indicadores verdes a San Bartolomé. ( Aproximadamnete 6 km.)

Recomendacións
Para durmir
Hoteis en Pontedeume
Camping en Queixeiro ( Lugar O Redondo) a uns 3 km.
Casa Rural Piñeiro a 1 km tfn. 665 921 012
Para xantar
Casa Capellán a uns 6 Km. tfn.981 793830

domingo, 1 de mayo de 2011