domingo, 6 de julio de 2014

NÚMERO DE PARTICIPANTES NA CARREIRA

A día de hoxe quedou cuberto o número de inscritos na especialidade de carrerira. A partires de agora abro lista de espera agardando que alguén con dorsal xa non poida ir o día da proba e mo devolva.
Na especialidade de ANDAINA aínda quedan PRAZAS LIBRES.
Grazas a todos pola vosa confianza.
Manuel Bouza

viernes, 13 de junio de 2014



V ROTEIRO DE SAN BARTOLOMEU

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

     Neste concurso poderán participar tódalas persoas que o desexen e que estiveran inscritos no V Roteiro de San Bartolomeu.
     Cada persoa poderá enviar, á mesma dirección de correo electrónico utilizada para  facer a inscrición, un máximo de dúas fotografías cun título e o nome e apelidos do autor ou autora nun prazo máximo de 15 días despois de celebrado o Roteiro.
     Haberá tres premios e as fotografías premiadas serán enviadas, canda o resumo fotográfico desta edición.

martes, 10 de junio de 2014

V ROTEIRO DE SAN BARTOLOMEU-MONFERO



PRESENTACIÓN

Preséntovos unha proba para os amantes da natureza. Terá  lugar o 9 de agosto de 2014.
                      A beleza das paraxes foi o que me tentou para organizala, ademais das miñas raíces na fermosa aldea de San Bartolomeu.
                      Poderedes vivir unha xornada de deporte, de observación da paisaxe,  de construcións típicas, etc. Tentamos recuperar camiños vellos e o contacto directo coas xentes dos lugares por onde pasamos.
                      Poderedes elixir entre dúas modalidades: a andaina ou a carreira. Námbalas dúas non haberá clasificacións nin trofeos xa que é unha proba NON COMPETITIVA, ABERTAMENTE POPULAR na que cada un tentará de superarse a el mesmo nun percorrido de baixa montaña, pero de dificultade media no que tan só,  aproximadamente 3 km son de  pistas asfaltadas, os quilómetros restantes transcorren por sendeiros e camiños de monte. A saída e chegada será na antiga escola, no lugar da Torre .
                     A organización NON SE FARÁ RESPONSABLE de calquera dano físico ou moral que traia a participación nesta proba, iso si, axundarémosvos en todo momento.
                     Ao final da proba teredes cadanseu recordo e cadansúa bolsa de picnic.
                     Tódalas condicións da proba véñenvos de seguido.
                    

Un saúdo e agardo vervos.



                                                                         O Organizador

                                                                      Manuel Bouza



REGULAMENTO

1.- Inscrición:
         A participación será GRATUÍTA.                   Mandarase, preferentemente, a ficha de inscrición debidamente cuberta á dirección de correo electrónico andainasanbartolome@hotmail.com  como data tope o 4 de agosto. No seu defecto, mandarase un documento Word cos datos que aparecen na ficha.
         Asemade, de maneira presencial, poderase facer na  tenda  TRINITY (Detrás de Odeón-Narón)
          Confirmarase a inscrición ao través dun correo electrónico persoal xunto co número do dorsal.
         O prazo de inscrición abranguerá desde o 20 de xuño  ata o 4 de agosto.  

                   NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS TELEFÓNICAS

                   Máximo de participantes: 160 entre as dúas disciplinas por orde estrita de inscrición. Sendo un máximo de 40 prazas para os corredores.
                    Só maiores de 18 anos.
                    Os menores terán que participar con algún adulto, sendo este o seu responsable.
2.- Horarios:
                     Será preciso recoller o dorsal ata media hora antes de cada proba.
                     Andaina.- 10 horas
                     Carreira.-  11 horas
                      Pecharase o control da proba ás 14.30 horas.
Haberá un punto de control de paso que será obrigatoriamente respectado polos participantes.
3.- Abandonos:

                         Aquelas persoas que decidan abandonar, dirixiranse, obrigatoriamente, ao persoal da organización ou avisarán nos puntos de control para que desde o punto base se tente levalos á liña de saída/meta.
Tamén se poderá abandonar nos lugares indicados no traxecto coas letras A (km 4.8), B (km 7.2) ou C (km 8.2) ou agardando pola persoa que pecha a andaina. Desde estes puntos voltaremos directamente á liña de saída
4.- Avituallamento:
                               Haberá dous puntos de avituallamento, un líquido con froita e outro só líquido. No primeiro estará posto o control de paso obrigatorio.
5.- Recomendacións:
                                Aconséllase levar teléfono móbil e unha mochila pequena con líquidos, alimentos…
                                 Unha gorra,  protección para o sol e calzado cómodo e usado.
                                  Disporedes dun número de teléfono para solicitar axuda durante o percorrido.
6.- Unha vez que se chega á meta, despois de pasar polo control de chegada, cada participante terá unha bolsa de picnic e un recordo da proba.
7.- Haberá dous aparcamentos debidamente sinalizados. Non aparcaremos ás beiras dos camiños.
PRÉGASE:
                   Non tirar lixo no percorrido da marcha. Haberá bolsas de lixo nos postos de control.
                          RESPETADE O MEDIO

Nota.- Cada participante acepta voluntariamente o presente regulamento, librando á organización de calquera dano físico ou moral que se puidera producir e de calquera responsabilidade civil ou penal.
  

FICHA DE INSCRICIÓN

                                                                    

                                        V ROTEIRO DE  SAN BARTOLOMEU

    Nome……………………………………………………………………..
    Apelidos………………………………………………………………….
    Enderezo…………………………………..Poboación………………….
    Data de nacemento………………………..
    Teléfono………………………mail……………………………………..

                                    Andaina.-                                  Carreira.-
                                              Poñede  unha cruz na opción elixida para participar

      Menor ao meu cargo                           Nome………………………………………………………………………           Apelidos……………………………………………………………………
Data de nacemento…………………………………….

Declaro estar na condición física axeitada para completar a proba, librando de calquera responsabilidade civil ou penal á organización



Como chegar ?

1.- Desde o concello de As Pontes.
                Dirección A Capela.. Nas Neves, en restaurante Toñita, xiramos á esquerda cara á central hidroeléctrica. Unha vez alí, subiremos unha pista de montaña con bo asfaltado pero ollo coas curvas! Chegaremos a San Bartolomeu.

2.- Desde Ferrolterra. (O traxecto máis recomendable)
                 Chegar ata Pontedeume
              
3.- Desde autoestrada AP-9, A-6
                Ata Pontedeume. Aquí tomamos dirección Monfero. A uns 12 km. ( Ponte da Pedra) un cruce no que seguimos dirección Monfero. A uns 200 m. xiro á esquerda (casa de pedra no cruzamento). A partires de aquí, seguiremos indicadores verdes a San Bartolomé. (Aproximadamnete 6 km.)


4.- Pola N- 651
                 Dirección Pontedeume. 3 km. antes (aserradoiro á beira da estrada) en Campolongo, xiramos á dereita dirección Monfero. A uns 10 km. Atopámonos na Ponte da Pedra. Seguimos dirección Monfero. A uns 200 m. xiro á esquerda ( casa de pedra no cruzamento). A partires de aquí, seguiremos indicadores verdes a San Bartolomé. ( Aproximadamnete  6 km.)

Recomendacións
Para durmir
Hoteis en Pontedeume
Camping en Queixeiro (Lugar O Redondo) a uns 3 km da saída.
Casa Rural Piñeiro a 1 km da saída   tfn. 665 921 012
Para xantar
Casa Capellán a uns  6 Km. tfn.981 793830